Presentación de Franky Devos (Santiago, 5 de xuño)
Atendendo ás vosas peticións, xa podedes descargar en formato PDF a presentación que Franky Devos empregou na Acción 4 do Plan Formativo Víacultura, A cultura desde e para a mocidade.
Atendendo ás vosas peticións, xa podedes descargar en formato PDF a presentación que Franky Devos empregou na Acción 4 do Plan Formativo Víacultura, A cultura desde e para a mocidade.
Antonio Moreno Mejías é formador, educador social e animador sociocultural, experto en desenvolvemento asociativo e membro do equipo de formación do CRAC. É coordinador do Proxecto “Creando Futuro”, programa de investigación, formación e dinamización xuvenil desde o ano 2002. Forma parte do programa de “Escola de Asociacións” do Norte de Marrocos e da Escola Virtual de Asociacións (proxecto CRAC e ACUDEX, Extremadura). De 2005 a 2007 foi coordinador da Escola de Asociacións da Fundación Esplai, de cuxo Consellor Asesor é membro. É autor ou coautor das seguintes publicacións:
La Educación Popular ante el Siglo XXI, VV.AA. Universidad de Sevilla. Instituto Andaluz de la Juventud. Sevilla. 1997.
Cómo está el patio del movimiento asociativo, VV.AA. 2000. Ayuntamiento de Jerez de la Frontera.
El tercer sector visto desde dentro: la renovación de las Ong´s y los retos ante la exclusión social, VV.AA. 2002. Fundación Esplai. Ministerio de Asuntos Sociales.
Los Equipos: cómo trabajar juntos sin tirarnos los trastos, Cristina Bustos e Antonio Moreno. Cuaderno Práctico nº3. 2000. CRAC.
Redes Asociativas: sumar fuerzas para multiplicar resultados, Fernando de la Riva e Antonio Moreno. Cuaderno Práctico nº4. 2002. CRAC-Fundación Esplai.
Comunicación Asociativa: no sólo hablando se entiende la gente, Lita Gómez Terrón e Antonio Moreno. Cuaderno Práctico nº5. 2003. CRAC-Fundación Esplai.
Cómo construir una red, VV.AA. Documentos de Trabajo. Escuela de Otoño. Plataforma para la promoción del Voluntariado en España. 2003.
Creando Futuro…porque es posible, Antonio Moreno. Intervención Psicosocial. Volumen 12, nº2, 2003. Madrid.
Creando Futuro, Antonio Moreno. Diputación de Sevilla. 2007.
Construyendo experiencias significativas de acción y participación sociaI, VV.AA. CRAC-Agencia Andaluza del Voluntariado. 2008.
EA! Otra formación asociativa es posible, VV.AA. (ed Antonio Moreno). Fundación Esplai. 2008.
Hoxe abrimos o período de inscrición para a Acción 5 do Plan Formativo Vía Cultura, Concellos e asociacións para unha nova cultura local, que se celebrará o próximo venres 12 de xuño no Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela. O relator será Antonio Moreno, do Centro de Recursos Asociativos de Cádiz. Para inscribirse é preciso cubrir o formulario online con todos os datos; unha vez pechada a listaxe de participantes a partir do mércores comunicaremos por correo electrónico a todos os solicitantes se foron admitidos ou non.